Memoria

A ASOCIACION AMIGOS DA GAITA GALEGA nace como tal ó 17 de Xullo de 1962 con fíns moi sinalados e ambiciosos e coa finalidade derradeira de honrar á gaita galega; entre outros contábase tamén o de crear un grupo de gaiteiras. Os hirmáns Carlos e Amando Suárez Couto, verdadeiro xérmolo do nacemento da Asociación, apoiáronse no gaiteiro Primitivo Díaz e así nacéu “SAUDADE” primeiro grupo de gaiteiras xurdido en Galicia. As súas actuacións foron celebradas e aplaudidas dentro e alén das nosas fronteiras ata que diversas vicisitudes abocaron na súa desaparición. Hoxe en día a Asociación mantén unha estreita colaboración co grupo mixto “FOLLAS NOVAS”  en tódalas súas seccións de gaita, pandeireta e baile para tódalas idades.

 

   Outro dos obxetivos foi erixír no monte de Santa Cruz, verdadeira atalaia e mirador sobor da Ría de Ribadeo, un monumento en pedra granítica en honra ao GAITEIRO. Este monumento, cincelado polo escultor ourensán Faílde, foi inaugurado oficialmente en agosto de 1965 coa presencia do por entón Ministro de Información e Turismo Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne; aínda hoxe é único no seu xénero na nosa Autonomía.

 

   “A XIRA” de Santa Cruz viña celebrándose dende moito atrás mais a Asociación fíxose cargo da organización da mesma dende o ano 1965 e fixóu a data do primeiro domingo de agosto para celebrar o que dende entón se coñece como “DIA DA GAITA E ROMARIA A SANTA CRUZ”, festival folclórico popular e festa gastronómica, recoñecida de interese turístico nacional e galego,  que se desenrola o aveiro da capela e o bosque que rodea o monumento ao Gaiteiro.

 

   Ademáis a Asociación ven desenrolando intercambios con outras asociacións tanto rexionáis como nacionáis e mesmo extranxeiras. Participa nas celebracións do Día das Letras Galegas, en diversos eventos culturáis promovidos polo Concello e organiza un magosto popular no mes de novembro co obxetivo de confraternizar cos socios e público en xeral. Co gallo do 50 aniversario do nacemento da Asociación iniciáronse a celebración de un festival infantil e de unha mostra de teatro que se repiten ano tras ano.

 

   Outra das actividades, e na que incide sobremaneira, é o manteñemento de unhas escolas de música e danza tradicionáis, das que se nutren os diversos grupos de tódalas idades que actúan cara o público. Estas escolas veñen funcionando ininterrumpidamente dende o nacemento da Asociación e desenrólanse en coincidencia co calendario escolar.

 

   Quedan por desenrolar as actividades deportivas que nun futuro se poderán facer nas instalacións que para este fín existen na Rúa Alfredo Deaño. 

 

   A Asociación conta na actualidade con máis de 350 Socios (pódense considerar máis de 1.000 xa que cada titular ampara o séu conyuge e os fillos menores de 18 anos) e as súas actividades teñen repercusión non soio local sinón nacional e mesmo internacional por mor dos intercambios e  das actuacións das escolas de música e danza tradicionáis.